Parto de Min · O territorio da saúde

o III Congreso Parto de min abre unha nova etapa centrada no territorio como xerador de saúde. Tras dúas edicións dedicadas á reivindicación dos dereitos do parto e a transmisión de saberes, ampliamos a mirada cara a salutoxénese, poñendo o foco nos recursos, nos vínculos e nas condicións que fan posible o benestar individual e colectivo.

VINDICACIÓN DO DEREITO AO TERRITORIO COMO XERADOR DE SAÚDE

O rural, o coidado, a sustentabilidade e a conexión coa contorna convértese nos eixos deste encontro no que entendemos os procesos vitais como parte dun ecosistema social e territorial máis amplo.

 

Lalín: Edificio Sociocultural Manuel Rivero

O 9 de maio de 2026, en Lalín (Edificio Sociocultural Manuel Rivero), reuniremos proxectos e experiencias que fan do territorio unha fonte de saúde, equilibrio e futuro compartido.

Algunhas verbas

Sobre o Evento

Misión

Visibilizar e fomentar proxectos e comunidades nas que se vive en harmonía coa contorna, respectando os ritmos naturais dos ecosistemas galegos, fomentar redes veciñais sólidas e xerar tecido económico que faga posible a vida no rural.

Visión

O obxectivo do III PDM é poñer en diálogo saberes, prácticas e experiencias arredor do coidado desde unha perspectiva salutoxénica, enfocándonos nos factores que xeran saúde: a contorna, a cultura, os vínculos, a alimentación o traballo, a terra… En definitiva, ”O territorio como espazo de saúde”.

Valores

DIGNIDADE
AUTONOMÍA
HUMANIDADE
EXPERIENCIA
PRACTICIDADE
INCLUSIÓN

para iso contamos neste congreso con grandes profesionais de diferentes ámbitos: desde o científico, o sanitario e o agrícola, ata a cultura e o xornalismo ou a construcción. un elenco no que por enriba da súa cualificación, sobresae a humanidade e sensibilidade cara a terra e as súas xentes.

Obxectivos de parto de min

  • Dar visibilidade a proxectos e profesionais que coidan da vida e da contorna.

  •  Fomentar a economía circular e de proximidade.

  • Favorecer o debate na sociedade sobre as relacións humanas, económicas e culturais.

  • Explorar experiencias e saberes vencellados ao coidado, á sustentabilidade, aos vínculos comunitarios e á recuperación do equilibrio entre corpo, contorna e vida cotiá.
  • Avanzar cara un recibimento rodeado de respecto ás crianzas que nacerán, ás mulleres, ás familias e por extensión, á sociedade.

Prezos

Tipo de entrada prezo observacións
toda a xornada 75€ Prezo para socios de Fundación Eomaia ou Asociación Mudare: 67,50€
media xornada 50 € Prezo para socios de Fundación Eomaia ou Asociación Mudare: 45 €

Programa

participantes

Máis palabras

sobre o organizador do evento

Nesta III edición seguimos sumando, e o equipo que organiza o congreso conta coas colaboracións, ademais de Fundación Eomaia e a Asociación Pedagóxica Mudare, de tres mulleres ligadas á saúde; Sofía González Salgado, Blanca Sendón e Carol Satrate que uniron as súas andanzas ao noso viaxe.

Mans De Confianza Detrás De Nós

Patrocinadores

CONSIDERANDO QUE TODAS AS MULLERES E HOMES NACEMOS E POSUÍMOS A CAPACIDADE DE CREAR, TODAS SOMOS AXENTE DE CAMBIO NA BUSCA DA SAÚDE EN COMUNIDADE.

Non esquezas comprar as túas entradas e introducirte no mundo que parte de ti.